OS ALUMNOS DO CURSO DE COIDADOR DE PERSOAS DISCAPACITADAS PSÍQUICAS E FÍSICAS REMATAN HOXE O TEMARIO ESPECÍFICO DESTA ACCIÓN FORMATIVA IMPARTIDA POLO CONCELLO DE CERVO * O curso, promovido conxuntamente polas concellerías de Educación e Asuntos Sociais, é de 218 horas de duración * Pertence ao catálogo de accións formativas para desempregados da Consellería de Traballo e Benestar e está subvencionado pola Consellería e polo Fondo Social Europeo * Os 15 alumnos recibiron formación teórica e desenvolveron prácticas en diversas entidades que prestan servizos a discapacitados físicos e psíquicos na Mariña Cervo, 15 de novembro de 2011.- Os 15 alumnos do curso de coidador de persoas discapacitadas psíquicas e físicas, que están a impartir conxuntamente as concellerías de Educación e de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, rematan hoxe a parte específica do seu temario. Así o deu a coñecer esta mañá o rexedor local, Alfonso Villares. Este curso, de 218 horas lectivas, pertence ao catálogo AFD ( accións formativas para desempregados) da Consellería de Traballo e Benestar dispón dun orzamento de 29.199 euros e está subvencionado pola Consellería e polo Fondo Social Europeo. O curso ven desenvolvendo nas instalacións do antigo Concello en Cervo. Segundo indicou Alfonso Villares, unha vez rematada a parte do temario específico, agora queda por impartir unha serie de módulos transversais de igualdade de xénero e de inserción laboral que van ter lugar nos vindeiros catro días. Villares salientou que o obxectivo central desta acción formativa é a de capacitar aos alumnos para realizar de forma autónoma e responsable as distintas funcións que un coidador de discapacitados físicos e psíquicos debe coñecer. “Por iso -dixo- ao largo deste curso impartíronse contidos teóricos e prácticos. A parte teórica tivo lugar nas instalacións do antigo Concello, mentres que para as prácticas firmamos varios convenios de colaboración con entidades como a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, a Fundación Eu Son e Aspanane, entidades que prestan servizos a discapacitados físicos e psíquicos na nosa comarca da Mariña.” Ademais, nestas prácticas, os alumnos tiveron a oportunidade de desenvolver os seus coñecementos adquiridos e tamén participaron en distintas visitas didácticas a centros de recuperación e a residencias asistenciais. O alcalde cervense explicou que a finalidade destes programas é formar aos traballadores naquelas profesións que teñan mais demanda no mercado laboral “co fin de facilitar a súa inserción laboral, axudarlles a manter e consolidar o seu posto de traballo mellorando a súa capacitación profesional e o seu desenrolo persoal; sobre todo para aquelas persoas que teñen mais dificultades para atopar un emprego”.
Petite compo perso écrite a mes 14-15 ans. Un style à remodeler mais jaimerais savoir ce que vous en pensez... ?!?
Découvre toutes les différentes modifications possibles permettant de personnaliser ton perso !
une composition perso jouée par moi au piano
une composition perso jouée au piano par moi
Pas de déformations ce dimanche pour raison de vacances perso !! En compensation un mix de bande son de films fait maison !
ma décoration perso j'ai l'habitude de mètre de la couleur partout chez moi et je ne me prive pas j'ai peins sur mes portes mes placards j'adore .
Johnny Hallyday m'arrêté là par Thierry Version perso ! final perso ! par obligation ! n'ai pas johnny qui veux !!
un texte écri perso pour une compo de vidéo ou autre....c le début d'une ame de compositeur qui à envie de toucher les gens o plus profond d'eux...faire renaitre les sentiments parfois oubliés............