REMATE DO CURSO DE COIDADOR DE PERSOAS DISCAPACITADAS

Attention Ce contenu requiert Flash et Javascript.

Pour visionner ce contenu, JavaScript doit être activé et la dernière version d'Adobe Flash Player installée.

Télécharger Flash Player

 
 
Ajouter à ma chaîne
  •  27
  •  6 mois
  •  0
 
 
2 min 14
 
 

Vidéos recommandées

OS ALUMNOS DO CURSO DE COIDADOR DE PERSOAS DISCAPACITADAS PSÍQUICAS E FÍSICAS REMATAN HOXE O TEMARIO ESPECÍFICO DESTA ACCIÓN FORMATIVA IMPARTIDA POLO CONCELLO DE CERVO


* O curso, promovido conxuntamente polas concellerías de Educación e Asuntos Sociais, é de 218 horas de duración


* Pertence ao catálogo de accións formativas para desempregados da Consellería de Traballo e Benestar e está subvencionado pola Consellería e polo Fondo Social Europeo


* Os 15 alumnos recibiron formación teórica e desenvolveron prácticas en diversas entidades que prestan servizos a discapacitados físicos e psíquicos na Mariña


Cervo, 15 de novembro de 2011.- Os 15 alumnos do curso de coidador de persoas discapacitadas psíquicas e físicas, que están a impartir conxuntamente as concellerías de Educación e de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, rematan hoxe a parte específica do seu temario. Así o deu a coñecer esta mañá o rexedor local, Alfonso Villares.

Este curso, de 218 horas lectivas, pertence ao catálogo AFD ( accións formativas para desempregados) da Consellería de Traballo e Benestar dispón dun orzamento de 29.199 euros e está subvencionado pola Consellería e polo Fondo Social Europeo.

O curso ven desenvolvendo nas instalacións do antigo Concello en Cervo. Segundo indicou Alfonso Villares, unha vez rematada a parte do temario específico, agora queda por impartir unha serie de módulos transversais de igualdade de xénero e de inserción laboral que van ter lugar nos vindeiros catro días.

Villares salientou que o obxectivo central desta acción formativa é a de capacitar aos alumnos para realizar de forma autónoma e responsable as distintas funcións que un coidador de discapacitados físicos e psíquicos debe coñecer. “Por iso -dixo- ao largo deste curso impartíronse contidos teóricos e prácticos. A parte teórica tivo lugar nas instalacións do antigo Concello, mentres que para as prácticas firmamos varios convenios de colaboración con entidades como a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña, a Fundación Eu Son e Aspanane, entidades que prestan servizos a discapacitados físicos e psíquicos na nosa comarca da Mariña.” Ademais, nestas prácticas, os alumnos tiveron a oportunidade de desenvolver os seus coñecementos adquiridos e tamén participaron en distintas visitas didácticas a centros de recuperación e a residencias asistenciais.

O alcalde cervense explicou que a finalidade destes programas é formar aos traballadores naquelas profesións que teñan mais demanda no mercado laboral “co fin de facilitar a súa inserción laboral, axudarlles a manter e consolidar o seu posto de traballo mellorando a súa capacitación profesional e o seu desenrolo persoal; sobre todo para aquelas persoas que teñen mais dificultades para atopar un emprego”.

Lire la suite Masquer la description

Thématique :Reportage / Docu / ITW | Tags :curso remate coidador persoas discapacitadas

Lire la suite Masquer les tags

 

 Précédent 123456789 Suivant 

 

Aucun commentaire

En cours de traitement  Publier mon commentaire 
 

Vous devez vous inscrire ou vous connecter pour laisser un commentaire sur la vidéo en cours.

 
Aucun commentaire pour cette vidéo, soyez le premier à réagir !
 
 
 

REMATE DO CURSO DE COIDADOR DE PERSOAS DISCAPACITADAS

 Ajouter à ma chaine