ALFONSO VILLARES CUALIFICA A PRAZA DOS CAMPOS COMO “O CORAZÓN DE SAN CIPRIÁN QUE VOLVE A LATEXAR CON FORZA” DURANTE A SÚA INAUGURACIÓN OFICIAL
O acto estivo presidido por Alberto Núñez Feijoó, presidente da Xunta de Galicia
Cervo, 9 de xullo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, cualificou esta mañá no acto inaugural da Praza dos Campos a este novo espazo urbano como “o corazón de San Ciprián que volve a latexar para seguir medrando con forza” e asegurou que nel se continuará a construción do futuro desta vila cervense. “Estou convencido de que a construción dos pobos comeza coas súas xentes, e hoxe en día esta praza é o lugar onde nenos, nenas, pais, nais, avós e avoas se xuntan a diario para convivir e artellar o futuro deste pobo” recalcou o rexedor.
No seu discurso Villares aproveitou para facer unha breve descrición histórica dos usos que se lle deu a este espazo urbano situado no centro da Península da Paz. Dende lugar elixido hai 200 anos para depositar a produción das Reais Fábricas de Sargadelos que saían por mar dende o porto de San Ciprián, pasando por zona de carga do carbón que se exportaba dende este porto ao Levante, a campo de fútbol, e xa máis recentemente (en 1976) como o lugar ocupado polo antigo colexio mixto de San Ciprián que posteriormente pasaría a denominarse “Rivera Casás”.
A este respecto o alcalde recordou que el de neno fora un dos alumnos deste antigo colexio que ocupaba o que é hoxe a nova praza e sinalou que o devir dunha serie de cambios inevitables da sociedade nestes últimos anos obrigou ás autoridades competentes a ter que adoptar a decisión de unificar a comunidade escolar sancibrense nun so colexio “cun respecto profundo e sincero cara a aquelas persoas e aqueles pensamentos distintos”.
“A máis que evidente baixada da natalidade provocou que o que antes era necesario -como ter dous colexios nesta vila- se trocara nunha cuestión na que era necesario adoptar unha decisión urxente para volver a xuntar aos nenos da vila de San Ciprián nun só colexio, única e exclusivamente polo seu propio ben e para que se socializaran xuntos” sinalo Villares, quen recalcou que unha vez unificados os nenos nun só colexio, a decisión do grupo de Goberno foi “volver a retomar aquel espacio público dos Campos onde hoxe nos atopamos”.
Por último, o alcalde cervense encomiou a labor feita pola dirección de obra e pola empresa construtora deste proxecto e agradeceu á Xunta de Galicia a súa colaboración “porque gracias a ela este espacio público é posible”. Villares rematou agradecéndolle ao presidente Núñez Feijoó a súa asistencia ao acto “porque para nós é unha honra que sexa vostede a persoa que inaugure este espacio no que hoxe estamos” dixo.
Lire la suite
Masquer la description
Thématique :Actu Politique
|
Tags :san dos con corazon como forza durante alfonso campos sua oficial ciprian volve villares cualifica praza latexar inauguracion
Lire la suite
Masquer les tags
Aucun commentaire
Vous devez vous inscrire ou vous connecter pour laisser un commentaire sur la vidéo en cours.