DESPEDIDA NENO SAHARAUI

Attention Ce contenu requiert Flash et Javascript.

Pour visionner ce contenu, JavaScript doit être activé et la dernière version d'Adobe Flash Player installée.

Télécharger Flash Player

 
 
Ajouter à ma chaîne
  •  30
  •  9 mois
  •  0
 
 
1 min 43
 
 

Vidéos recommandées

Vidéo en cours
 
 
 

O NENO SAHARAUÍ ACOLLIDO DURANTE ESTE VERÁN EN CERVO FOI DESPEDIDO POLAS AUTORIDADES MUNICIPAIS


Cervo, 29 de agosto de 2011.- Bassir, o neno saharauí que pasa por segundo ano consecutivo o verán acollido por unha familia de Cervo dentro do programa solidario “Vacacións en Paz” foi despedido hoxe polo alcalde, Alfonso Villares, e a concelleira de Servizos Sociais, Tania González.

Nesta breve xuntanza, o rexedor local agradeceu o labor da familia de acollida deste pequeno “porque grazas a eles, este rapaz ten a posibilidade de integrarse cos nenos de Cervo e, ao cabo do verán, é xa un máis do noso concello” sinalou o alcalde. Durante o acto, os representantes municipais agasallaron ao neno con varios presentes e comprometéronse a seguir colaborando coas familias de acollida “para que este tipo de experiencias tan gratificantes non só para os nenos, se non tamén para as persoas que os acollen, poda continuar nos vindeiros anos” indicou a concelleira de Asuntos Sociais, Tania González.


O Concello de Cervo leva participando ininterrompidamente desde o ano 2005 no programa de acollida “Vacacións en Paz”, organizado pola asociación Solidaridade Galega co Pobo Saharauí. Esta iniciativa busca que os pequenos coñezan outra cultura e outro clima, gozando dunhas comodidades que non teñen onde viven. Nestes sete anos de colaboración, o Concello subvencionou as viaxes de avión dos rapaces acollidos, as pólizas de seguro para cada un deles; e os gastos dos acompañantes e de xestión. “Ademais, compre dicir que en todos estes anos o Concello nunca lle negou a ningunha familia a axuda para que puidera acollerse a esta iniciativa solidaria” recalcou o rexedor.


Tania González destacou a solidariedade amosada polas familias cervenses que participan nestes plans de acollida. “Por iso -adiantou- dende o Concello de Cervo temos a intención de seguir colaborando para que as familias que desexen acoller a estes rapaces durante os meses de verán o podan facer”.


Bassir voltará o vindeiro día 1 de setembro aos campamentos de Tinduf, situados no Sahara Occidental en Alxeria, unha zona de contrastes con Galicia. Pola súa banda, os integrantes da familia de acollida din sentirse satisfeitos coa experiencia e aseguran que repetirán.

Lire la suite Masquer la description

Thématique :Culture | Tags :foi durante este veran neno cervo saharaui acollido despedido polas autoridades municipais

Lire la suite Masquer les tags

 

 Précédent 123456789 Suivant 

 

Aucun commentaire

En cours de traitement  Publier mon commentaire 
 

Vous devez vous inscrire ou vous connecter pour laisser un commentaire sur la vidéo en cours.

 
Aucun commentaire pour cette vidéo, soyez le premier à réagir !
 
 
 

DESPEDIDA NENO SAHARAUI

 Ajouter à ma chaine