Conversas con Alcoa para solucionar o problema de turbidez da auga

Attention Ce contenu requiert Flash et Javascript.

Pour visionner ce contenu, JavaScript doit être activé et la dernière version d'Adobe Flash Player installée.

Télécharger Flash Player

 
 
Ajouter à ma chaîne
  •  26
  •  5 mois
  •  0
 
 
26 sec
 
 

Vidéos recommandées

 

CONCELLO E CONSORCIO XESTIONAN CON ALCOA MODIFICAR A UBICACIÓN DA CAPTACIÓN DO EMBALSE DE RÍO COMBO PARA SOLUCIONAR OS PROBLEMAS DE TURBIEDADE DA AUGA
* Dende a aparición dos primeiros problemas os responsables cervenses manteñen contacto continuo co Consorcio e coa empresa concesionaria do servizo de cara a atallar canto antes esta situación
* Segundo os técnicos, a problemática xorde dunha serie de desequilibrios na captación nos encoros de Rúa e o de Río Cobo; ademais dun posible problema estrutural na rede de abastecemento, deseñada polo Goberno bipartito no ano 2007
Cervo 3 de decembro de 2011.- Estes días estanse apreciando problemas de turbiedade na auga e desde o Goberno municipal, como veciños afectados, estamos traballando intensamente para resolver canto antes esta problemática que está xurdindo coa nova rede de abastecemento de auga no Concello de Cervo.
Dende que apareceron os primeiros problemas, puxémonos en contacto co Consorcio e coa empresa concesionaria do servizo da xestión, Espina y Delfín, para comunicarlles as queixas recibidas e para que procederan a resolver o antes posible as deficiencias que están aparecendo.
Tanto desde a empresa concesionaria, como desde o Consorcio, nos informan da existencia dunha serie de desequilibrios coa captación nos encoros de Río Cobo e de Rúa, o que provoca desaxustes puntuais durante o proceso de potabilización. Ademais, tamén se nos apunta que pode haber algún tipo de problema estrutural na rede de abastecemento. Por iso, non se descarta que haxa que acometer algunha modificación ao proxecto inicial -aprobado polo Goberno bipartito o 15.06.2007- para poder dar unha solución á problemática que temos.
Neste senso hai que avanzar que o Concello e o Consorcio están mantendo conversas coa empresa Alcoa para cambiar a localización na captación da auga no encoro de Río Cobo.
Desde o Concello, somos conscientes dos problemas que están xurdindo co abastecemento da auga, xa que tamén somos usuarios deste servizo, pero hai que destacar que todos os controis sanitarios obrigatorios segundo a normativa vixente indican que estamos dentro dos parámetros dunha auga apta para o consumo.
Desde o Goberno municipal estamos traballando para que estes problemas puntuais desaparezan. Preocupados polo benestar e por dar un bo servizo aos veciños do Concello de Cervo, non descansaremos en pedir e insistir en que se atope unha solución definitiva a este problema.

Lire la suite Masquer la description

Thématique :Reportage / Docu / ITW | Tags :con para problema alcoa conversas solucionar turbidez

Lire la suite Masquer les tags

 

 Précédent 123456789 Suivant 

 

Aucun commentaire

En cours de traitement  Publier mon commentaire 
 

Vous devez vous inscrire ou vous connecter pour laisser un commentaire sur la vidéo en cours.

 
Aucun commentaire pour cette vidéo, soyez le premier à réagir !
 
 
 

Conversas con Alcoa para solucionar o problema de turbidez da auga

 Ajouter à ma chaine