O Concello convida ós cervenses a participar nas visitas á planta potabilizadora de A Senra

4zr4p
O Concello convida aos cervenses a participar nas visitas á planta potabilizadora de A Senra que prepara o goberno local


-O obxectivo é que os veciños e as veciñas coñezan o funcionamento da ETAP e as súas instalacións


-Técnicos de Augas de Galicia e do Concello guiarán a visita e explicarán o proceso de tratamento e control da auga


Cervo, 14 de abril de 2012-O Concello de Cervo prepara unha serie de visitas á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) situada en A Senra co obxectivo de dar a coñecer á veciñanza o seu funcionamento e informar do proceso que segue o líquido elemento dende que chega á potabilizadora ata que sae pola billa dos fogares cervenses.


As visitas incluirán a explicación das distintas etapas de potabilización e control polas que pasa a auga ata ser apta para o consumo, así como un percorrido polas instalacións da planta. Persoal técnico de Augas de Galicia e do Concello encargaranse de achegar toda a información e de guiar aos visitantes a través deste equipamento.


Esta iniciativa está aberta a toda a veciñanza de Cervo, e as persoas que desexen participar nela poderán anotarse nas dependencias municipais, tanto na Casa do Concello cervense como na Casa da Cultura de San Ciprián. Deste xeito, unha vez coñecida a demanda, a administración local poderá planificar as distintas quendas e fixar as datas. O executivo cervense explica que a veciñanza dispón de toda a información sobre as visitas nun bando que vén de ser distribuído polo municipio.


“Con estas visitas pretendemos que los vecinos conozcan de cerca un equipamiento tan importante para un municipio como es la potabilizadora, que nos permite disponer en nuestras casas de un recurso tan vital como el agua” explica a edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso. Por iso, “desde el Concello consideramos que estas visitas pueden ser muy útiles ya que permitirán enseñar su funcionamiento a aquellos vecinos que estén interesadas en descubrir un proceso invisible y desconocido para muchas personas”, engade Alonso.


A estación potabilizadora foi construída pola Xunta a través de Augas de Galicia e abastece aos fogares de Cervo e de Burela.

À ne pas manquer