A rede social Facebook acolle nunha das súas páxinas de acceso libre e gratuíto a Fototeca do Concello de Cervo cuxo principal obxectivo é a conservación e difusión das imaxes que mostran “anacos gráficos da nosa historia e a das nosas xentes, veciñas e veciños deste termo municipal”. Así o explicou a edila de Cultura, Chelo Gallego quen salientou o cada vez maior interese na consulta e conservación das fotografías como testemuñas da actualidade e do pasado, e a oportunidade que este Fototeca ofrece precisamente para a súa consulta, recollida e dixitalización.
“Os cada vez maiores medios tecnolóxicos ao noso alcance: computadores, televisións, pantallas, internet, .... fan da fotografía un novo recurso nada desprezable para formar parte das coleccións das bibliotecas e centros de documentación, pero tamén ofrecen espazos de consulta inmediata, como as redes sociais, nos que todos poden participar desde nosa casa, xa sexa visionando as imáxes ou achegando novas fotografías”-indicou Chelo Gallego
Lire la suite
Masquer la description
Thématique :Culture
|
Tags :facebook cervo concello fototeca
Lire la suite
Masquer les tags
Aucun commentaire
Vous devez vous inscrire ou vous connecter pour laisser un commentaire sur la vidéo en cours.